CICLO "OS AUTORES E AS CIDADES": Lectura colectiva en homenaxe a Anisia Miranda na Casa das Campás

Martes, 9 de febreiro de 2010

Esta tarde, ás 19.00 horas, a Casa das Campás acolle a lectura en homenaxe á escritora e fundadora de “Follas Novas”, Anisia Miranda (1932 – 2009). Presentará o acto Ramón Regueira e contará coa asistencia do alcalde de Pontevedra e de Neira Vilas.

Na lectura colectiva en recordo a Anisia Miranda participarán Marta da Costa, en representación da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG); Avilleira, da Asociación Cultural Maio Longo; Carlos Fontes, en nome do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra; Antón Sobral, do Ateneo de Pontevedra; Pepe Álvarez, de Cedofeita; Alejandra Soto Meijomence e nenos de centros escolares, entre outros.

© 2006–2010 Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra