Martes, 4 de abril de 2006
Colle ben o *joystick dun bo libro e déixate levar pola imaxinación!
A lectura é a chave que abre as portas a un mundo máxico onde calquera cousa pode suceder.
Coa lectura podes viaxar no espacio-tempo, aparecer nunha paraxe recóndita do pasado ou nun máxico país do futuro, vivir miles de aventuras, ser un cazatesouros, un inventor, un astronauta, un mago...cada libro é unha nova ponte que te *teletransporta a outros mundos, onde ti e só ti, es o protagonista.
Unha lectura pode facerte sentir triste, feliz... faite chorar ou rir... fainos pensar, soñar...pero ademais a través dela podemos vivir novas experiencias que doutro xeito nunca chegaríamos a ter, coñecer amigos novos que nos comprenden e dos que nunca nos esqueceremos. Existe un libro para cada persoa, non deixes escapar o teu, cólleo, ábreo e mergúllate nel, déixate levar, nunca te arrepentirás. A lectura é comida para a nosa alma, a súa falta non se percibe por fóra pero o seu gozo dános vitalidade e ledicia por dentro. Enche o teu espacio interior coa lectura!
O mundo da lectura
É sempre unha aventura
Se es intelixente
Viaxarás coa túa mente
E aínda que isto é aditivo
É un vicio constructivo
Únete a nós!
Le!
Alumnado de primeiro da E.S.O. do Instituto Valle-Inclán
Por que me gusta ler? Pois non o sei. Podería dicir, coma todo o mundo di, que é unha maneira de vivir miles de vidas diferentes, xa que podes ser heroína, bruxa, raíña, exploradora...
Por que me gusta ler? Pois non o sei. Pode ser porque eu vivo nunha aldea pequena onde non hai moito onde divertirse, e cando chegan os días interminables do verán, tan longos que non se dan acabado, unha fantástica maneira de disfrutar do tempo é correndo aventuras imaxinarias nos libros.
Por que me gusta ler? Pois non o sei. Pero na miña casa teñen unha teoría. Din que hai persoas que entenden de forma doada aquelo que len, e sen embargo, hai outras persoas que non dan interpretado o que len e lles é custoso. Pensan, e eu quero que sexa así, que eu pertenzo ó primeiro grupo e que por iso me gusta moito ler.
Por que me gusta ler? Pois non o sei... ou si?
Inés Mª Novoa Cuiñas
4º ESO B
IES Torrente Ballester. Pontevedra.
© 2006–2008 Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra