Martes 14 de agosto de 2007 • 7 comentarios
Os druídas, profundos coñecedores da natureza, eran sabios, sacerdotes e guerreiros dos antigos pobos das illas británicas. Cando a Deusa failles saber que un terrible mal se abatirá sobre o seu pobo, promételles tamén que un peculiar fenómeno astral anunciará a chegada dun salvador, un neno cun poder suficiente para evitar a catástrofe.
Desde entón, os druídas vixían o ceo día e noite á espera do que baila coas estrelas… Sen embargo, pronto o desconcerto cunde na tribo, pois a criatura que nace nas circunstancias descritas pola Deusa é unha nena de pelo cor acibeche e ollos verdes chamada Tegen.
Venres 11 de maio de 2007 • 2 comentarios
No espacio reservado ó editor na contraportada do texto para resumir a temática da obra, este advírtenos da súa intención de non comentar o libro para que o lector poida comezar a lectura do mesmo sen coñecemento previo ningún. Tan só bastará con saber que o protagonista (Bruno) ten nove anos, unha inocencia absoluta, e que vai vivir unha das experiencias máis duras da historia do home. O editor indícanos que o presente libro non é soamente unha lectura para adultos, tamén poden, e deben, lela mozos a partir dos 13 anos.
Trátase dun texto sobrecolledor pola inocencia do narrador, Bruno, que contrasta vivamente coa dureza da situación que nos describe; a novela perfila unha tipoloxía fascista cunha linguaxe moi sinxela e dun xeito conmovedor. Traducida a vintedous idiomas e merecedora de moitos premios literarios, pronto a veremos na pantalla grande.
Venres 4 de maio de 2007 • 2 comentarios
Luna Nueva é a segunda parte do éxito internacional Crepúsculo, unha perigosa historia de amor entre Bella e Edward; unha historia de amor vampírica escrita, segundo as súas propias lectoras, en clave femenina.
Nesta segunda entrega o vampirismo mestúrase cos lobishomes e a licantropía, marco desa historia de amor antes mencionada e que pronto rematará en Eclipse.
“Los placeres violentos terminan en la violencia, y tienen en su triunfo su propia muerte, del mismo modo que se consumen el fuego y la pólvora en un beso voraz” Romeo y Julieta, acto II, escena VI.
Mércores 8 de novembro de 2006 • Comenta este libro
Nun panorama de literatura xuvenil plagado de obras de fantasía, resulta certamente agradable atopar de cando en cando algún relato de corte máis realista. Trátase pois dunha obra diferente, casi dun triller cinematográfico que, nalgún momento, recorda os famosos expedientes X.
Benvidos a Puerto Fake, unha pequena e olvidada vila de Chile onde mozos se suicidaron nos últimos dous meses, sen que ninguén saiba nada e nin sequera fale delo. O prefecto da policia envía a tanatóloga Sophie para investigar o caso, xunto cun avezado detective e un tal Cal, un paparazzi sen escrúpulos, autor do que parecía imposible: unha foto do primeiro suicida.
Os primeiros frutos da investigación colócannos ante unha colonia de alemáns do réxime nazi da segunda guerra mundial, fuxidos para non ser xulgados pola barbarie cometida; unha comunidade endogámica, secreta, e atemorizada ata extremos inenarrables, dispostos a sacrificar os seus propios descendentes.
© 2006–2008 Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra