Martes 14 de agosto de 2007 • 7 comentarios
Os druídas, profundos coñecedores da natureza, eran sabios, sacerdotes e guerreiros dos antigos pobos das illas británicas. Cando a Deusa failles saber que un terrible mal se abatirá sobre o seu pobo, promételles tamén que un peculiar fenómeno astral anunciará a chegada dun salvador, un neno cun poder suficiente para evitar a catástrofe.
Desde entón, os druídas vixían o ceo día e noite á espera do que baila coas estrelas… Sen embargo, pronto o desconcerto cunde na tribo, pois a criatura que nace nas circunstancias descritas pola Deusa é unha nena de pelo cor acibeche e ollos verdes chamada Tegen.
Martes 14 de agosto de 2007 • 1 comentario
Osiños brancos, morsas, raposos polares, renos, carráns…, todos se esconden tras os mares e xeos dos Polos. Movendo as lingüetas iremos descubrindo os amigos de Pingüino e aprenderemos a contar ata dez. Un libro con follas de cartón, que resiste os envites das mans máis miúdas, e que amosa dun xeito moi sinxelo a fauna do medio polar, ao tempo que propón un xogo por páxina.
Martes 14 de agosto de 2007 • Comenta este libro
Crocodilo e Xirafa xa están namorados desde un álbum anterior. Agora queren unha casa para poder vivir xuntos. Pero, como ela é tan alta e el tan baixiño, non é doado atopar a casa idónea, unha casa axeitada para os dous: unha casa a medida.
Unha nova entrega, a cuarta, desta simpática parella un chisco desequilibrada no tamaño, pero compenetrada ata poder superar calquera contratempo. Valores como a parella, o amor, aceptación das diferenzas, a familia…, son os aspectos máis destacables deste fermoso álbum.
Martes 14 de agosto de 2007 • Comenta este libro
Despois de ler este libro non terás dúbida ningunha sobre os segredos dos seres máis malvados do mar: os piratas.
“Despliega la bandera de las tibias y la calavera. Suelta amarras y sube a bordo de esta fantástica y completa Enciclopedia de los Piratas. ¡Los cobardes que se queden en tierra! Coge tu machete y zarpa en esta emocionante aventura a bordo de los navíos más fieros de los siete mares. Conoce a los piratas más crueles, echa el ancla en los puertos más peligrosos y descubre las aventuras más sangrientas de la historia de la piratería”.
© 2006–2008 Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra