Libros recomendados • Arquivo

Xullo 2007

Mi amor tiene orejitas bailonas y rosadas

Martes 24 de xullo de 2007 • Comenta este libro

  • Para prelectores
  • Idioma: Español
  • Editorial: Libros del Zorro Rojo (2007)
  • Autor/a: Michael Schober
  • Tradución: Marisa Delgado
  • 12,95 €

“Mi amor tiene orejitas bailonas y rosadas, las cerdas de su lomo, cortitas y aseadas, la barriguita rosa y rizado el rabito” ¿Sabes, quiquiricosa, el nombre del bichito? Pues claro, es un…”

Non, aínda non cho vou dicir. A resposta a quen é ese amor tan especial encontrarala nas páxinas deste libro. Desplegándoas cara á dereita, arriba ou cara abaixo, poderás descubrir de quen se trata. Ao final atoparás unha gran sorpresa…

Un barco no ceo

Martes 24 de xullo de 2007 • Comenta este libro

  • A partir dos 6 anos
  • Idioma: Galego
  • Editorial: Kalandraka (2007)
  • Autor/a: Quentin Blake
  • Tradución: Emma Lázare
  • 15,00 €

Dous nenos voan no seu barco, pero non polo mar, senón polo ceo, transformándoo nunha arca acolledora de todos aqueles que sofren na Terra calquera tipo de inxustiza. No álbum indícase que 1800 nenos de Singapur, Londres, Dublín, Oslo…, colaboraron co autor para facer despegar esta asombrosa historia de solidariedade.

Kirikú y las bestias salvajes

Martes 24 de xullo de 2007 • Comenta este libro

  • A partir dos 8 anos
  • Idioma: Español
  • Editorial: Kókinos (2007)
  • Autor/a: Michel Ocelot
  • Tradución: Miguel Ángel Mendo
  • 22,00 €

Segunda entrega das aventuras do máis valente dos bebés: Kirikú. Un libro con CD, unha historia contada polo avó.

Neste álbum veremos o noso heroe pelexando coa terrible hiena negra, enfrontado co misterioso búfalo dos cornos de ouro, viaxando enriba dunha gran xirafa…, e incluso disfrazado de fetiche. Coa súa cautivadora voz, o Avó contará novas aventuras de Kirikú. Para escoitar e para ler.

Os álbumes de Michel Ocelot son especialmente atractivos na súas imaxes, cun colorido deslumbrante; o texto dos contos ven estruturado en forma de diálogos.

Editado por Kókinos “Kirikí y la bruja” e por SM “Azur y Asmar”, do mesmo autor.

Aléxandros

Martes 24 de xullo de 2007 • Comenta este libro

  • A partir dos 12 anos
  • Idioma: Español
  • Editorial: Montena (2007)
  • Autor/a: Valerio Massimo Manfredi
  • Tradución: Nieves Nueno
  • 18,95 €

¿Quen non escoitou falar de Alexandre Magno? Rei de Macedonia cando aínda non contaba con 20 anos, conquistou toda a parte oriental do mundo coñecido: as súas xestas, propias dun heroe épico, coñecéronse dende África ata China, de Europa ao mundo árabe…

¿Quen era en realidade ese mozo culto, refinado (educouno o mesmísimo Aristóteles)?; capaz de actuar coma se dun bárbaro se tratase, e de chorar e rir o mesmo tempo, de amar, de crear un mundo novo sen vencedores nin vencidos. Tan só a súa precoz morte lle impediu culminar unha obra de dimensións aínda hoxe descoñecidas

© 2006–2008 Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra