Libros recomendados • Arquivo

Xuño 2007

CACAnimales

Martes 12 de xuño de 2007 • Comenta este libro

  • Para prelectores
  • Idioma: Español
  • Editorial: Combel (2007)
  • Autor/a: Benoit Charlat
  • Tradución e adaptación: Carmen Gil
  • 13,20 €

Ya soy mayor, es genial:
¡no necesito orinal!

Podedes imaxinar un cúmulo de versos que ilustren o tema escatolóxico da caca no wáter, do xeito de:

ya es grande el pollito Fito
en el váter, él solito
ha hecho caca hace un momento
y está la mar de contento

unha serie de páxinas ilustradas e rimadas sobre o mesmo tema, cun sonoro final...

¿Hay osos en África?

Martes 12 de xuño de 2007 • Comenta este libro

  • A partir dos 4 anos
  • Idioma: Español
  • Editorial: Corimbo (2007)
  • Autor/a: Satomi Ichikawa
  • Tradución: Julia Vinent
  • 10,00 €

Meto vive en África coa súa familia nunha aldeíña da sabana. Un día chega un grupo de turistas e unha nena leva nos seus brazos un osiño de peluxe. É un animal que Meto nunca vira. Cando finaliza a visita: "¡Adiós!, ¡Kwaheri! (adiós en swahili)", a nena esquece o seu osiño e Meto decide buscala para devolverlle a mascota, pero... ¿hai osos en África?

Juego de pistas en Volubilis

Martes 12 de xuño de 2007 • Comenta este libro

  • A partir dos 8 anos
  • Idioma: Español
  • Editorial: Kókinos (2007)
  • Autor/a: Max Ducos
  • Tradución: Miguel Ángel Mendo
  • 15,00 €

Un día, unha nena, aburrida porque ten que aprender unha poesía de memoria, descubre unha misteriosa chave oculta no seu escritorio. Trátase dunha primeira pista dun inquietante xogo que a conducirá a descubrir o segredo da súa casa, un moderno edificio chamado Villa Volubilis.

Un álbum coidadísimo e repleto de alusións a obras de arte de Calder, Mondrian, Warhol..., cunhas modernísimas ilustracións lineais e solitarias que recordan quizais o estilo de Hopper. Un apetitoso paseo visual e textual.

Madera de piratas

Martes 12 de xuño de 2007 • Comenta este libro

  • A partir dos 10 anos
  • Idioma: Español
  • Editorial: Edelvives (2007)
  • Texto: Alain Surget
  • Ilustracións: Annette Marnat
  • Tradución: Alberto Torrego
  • 7,50 €

Luisilla e Benjamín, orfos de nai, deixan unha noite o hospicio de París en busca de aventuras e na procura do seu pai, o famoso pirata Capitán Roc. Camiñan sempre cara ao solpor e, cando chegan a Saint-Malo, crúzase no seu camiño un pirata apodado Parabás, marqués arruinado, que lles revelará segredos acerca da sua identidade, sempre dun xeito interesado e ao servizo do terrible Barbanegra.

Aventuras disparatadas e acción, son os ingredientes desta nova serie de 4 noveliñas que arranca con este título, deliciosamente ben escritas.

© 2006–2008 Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra