Libros recomendados • Arquivo

Abril 2007

Mi primer libro de los colores

Venres 27 de abril de 2007 • Comenta este libro

  • Para prelectores
  • Idioma: Español
  • Editorial: Kókinos (2006)
  • Autor/a: Eric Carle
  • 8,00 €

Nota: esta reseña refírese tamén a *Mi primer libro de las formas* e *1, 2, 3... al zoo*, do mesmo autor e editorial

Unhas saborosas propostas gráficas para os máis pequechos, deseñadas en cartón duro e con follas divididas de tal forma que o conto se usa coma un puzzle, no que hai que unir o nome, a forma ou color, e a figura do animal ou cousa co represente.

Unhas ilustracións sinxelas e moi plásticas, como é habitual neste autor, destacan sobre un fondo branco que resalta aínda máis a forza gráfica das mesmas.

En “1, 2, 3 al Zoo” aprenderemos a contar do un ata o dez con un elefante, dous hipopótamos, tres xirafas...

Elenita

Venres 27 de abril de 2007 • Comenta este libro

  • A partir dos 4 anos
  • Idioma: Español
  • Editorial: Kókinos (2006)
  • Texto: Campbell Geeslin
  • Ilustracións: Ana Juan
  • 13,00 €

“La niña se llama Elena. Le gusta soplar el vidrio...Ésta es la historia de Elena. Escucha bien lo que hizo...”

Os sopradores de vidro non viron nunca unha nena no seu oficio: “¿Quién ha oído jamás hablar de una niña sopladora de vidrio?”, dille o seu pai. Pero Elenita sabe que pode facelo e está decidida a aprender; vístese coa roupa do seu irmán e marcha cara a Monterrey, alí onde viven os mellores artesáns vidrieiros do mundo. Na súa viaxe ha de aprender que o Sol mexicano ten color de cristal fundido, mentres a Lúa se viste de cristal frío...

Cunhas ilustracións de vivas cores, imos percorrendo aventuras polo deserto mexicano de man desta nena tan especial que ha de ensinarnos que “...cualquier sueño es posible para quién se escucha a sí mismo, vence el miedo y emprende un camino.”

Todo sobre mí, Ana Tarambana

Venres 27 de abril de 2007 • 2 comentarios

  • A partir dos 12 anos
  • Idioma: Español
  • Editorial: Serres (2006)
  • Autor/a: Lauren Child
  • Tradución: Esteban Morán
  • 12,00 €

“No soy hija única, pero a veces lo hubiera deseado. Somos siete personas en casa: mis padres, mis hermanos y yo, y el abuelo. Y el perro y el gato. Demasiado a veces para una familia. No siempre. Sólo a veces...”

Ana Tarambana é unha nena moi especial: inquieta, imaxinativa, divertidísima e irresistibel, aloucada, chea de vida e diversión... segundo a crítica internacional.

É unha rapaza actual, transgresora, pícara e moi segura de si mesma, capaz de facer as trastadas máis inverosímiles e dos mellores sentimentos.

Unha lectura, en fin, en clave feminina, escrita a modo de diario e tremendamente divertida.

El secreto de Endymion Spring

Venres 27 de abril de 2007 • 1 comentario

  • A partir dos 12 anos
  • Idioma: Español
  • Editorial: Salamandra (2006)
  • Autor/a: Matthew Skelton
  • Tradución: Gema Moral Bartolomé
  • 14,80 €

Maguncia, 1452: do taller do maestro Gutenberg vai sair un libro moi especial; un libro coas páxinas brancas codiciado por un extraño e maléfico persoaxe, Fust, gardián dun papel que semella estar vivo e que permanece pechado nun arcón cun ferrollo que abre só despois de probar o sangue do que ouse tocalo.

Quinientos anos despois, en Oxford, un neno de doce anos atopa nunha biblioteca un volume coas páxinas en branco, un papel que parece tremer, que lle produce unha punzada na man, e do que xorden as palabras que sólo el pode ver...

Cun ritmo trepidante conseguido alternando capítulos en Maguncia e Oxford, dende o descubrimento da imprenta a unha historia de fantasía cun tema tan antigo como os libros: o poder que concede o coñecemento...

© 2006–2008 Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra