Libros recomendados • Arquivo

Decembro 2006

El oso más grande del mundo

Mércores 20 de decembro de 2006 • 1 comentario

  • Para prelectores
  • Idioma: Español
  • Editorial: Juventud (2006)
  • Autor/a: Adam Relf
  • Tradución: Élodie Bourgeois Bertín
  • 18,50 €

Toby, un pequeno osezno, quere coñecer ó oso máis grande do mundo e atopa osos enormes en todas partes: no escaparate da pastelería, no parque, na feira...; todos parecen ser o maior de todos. Papá Oso espera pacientemente que chegue a noitiña para poder amosar o maior oso do mundo a Toby: un oso enorme que está sempre connosco pero que soamente pode verse na oscuridade da noite.

Un osiño é de feito un dos personaxes dos contos infantís máis frecuentes: son cálidos, tenros, amorosos, dulces. Cada Nadal unha morea de “contos de osos” aparecen nas librerías para deleite dos máis pequechos, e tamén dos maiores que leen contos para nenos, ¿por que negalo?

Pequechos das praderías e das sabanas

Mércores 20 de decembro de 2006 • Comenta este libro

  • A partir dos 4 anos
  • Idioma: Galego
  • Editorial: Factoría K de libros (2006)
  • Texto: Kingfisher Publications Plc
  • Tradución e adaptación: Xulio Gutierrez e José María Heras
  • 12,00 €

"Ao nacer son miúdo coma un cacahuete, por iso teño que estar nunha bolsa que ten miña nai na barriga. Despois cando medro un pouco, xa podo saír pero gústame ir dentro para estar quentiño. ¿Sabes que son?"

Neste libro descubrirás, a través de adiviñas, animais asombrosos: elefantes, leóns, suricatos, xirafas… Aprenderás moitas cousas sobre eles e disfrutarás coas fermosas fotografías tanto dos cachorros como das súas nais, que aparecen sempre nas páxinas que solucionan as adiviñas propostas polos pequechos.

O mencionado título pertence a unha colección de Pequechos do deserto, da selva, das montañas, das terras polares ou dos ríos e dos lagos. Temos pois unha visión global da fauna máis miuda dos distintos hábitats do planeta que temos que mimar moito, moito, para que os cachorros humanos poidan admiralo coa diversidade de vida que o caracteriza.

La Historia. La historia de la humanidad ilustrada con los clicks y las claks de toda la vida

Mércores 20 de decembro de 2006 • 1 comentario

  • A partir dos 8 anos
  • Idioma: Español
  • Editorial: SM (2006)
  • Autor/a: Richard Unglik
  • Tradución: Jimena Licitra
  • 20,00 €

Un percorrido moi orixinal dende a Prehistoria ata a conquista do espacio en pleno século XX, pasando polo Antigo Exipto, a Idade Media, o Século de ouro… Todos os personaxes desta impactante historia son os coñecidos bonecos de Playmobil que evolucionan do Playmopitecus ó Playmo sapiens sapiens, inventan o lume, aprenden a cazar animais, crean fabulosas civilizacións na máis remota antigüidade, e ata chegan á lúa.

Unha excelente aproximación á nosa historia dende una perspectiva moi nova e cercana para os nenos e nenas de entre oito e dez anos, salpicada de curiosidades tanto no texto como nunha plástica diferente e atractiva.

Los cuentos de Shakespeare

Mércores 20 de decembro de 2006 • 2 comentarios

  • A partir dos 12 anos
  • Idioma: Español
  • Editorial: El Aleph (2006)
  • Texto: Charles e Mary Lamb
  • Ilustracións: Joëlle Jolivet
  • Tradución: Andrea Morales Vidal
  • 19,90 €

Escritos no século XIX por Charles e Mary Lamb, os contos de Shakespeare son un clásico na literatura anglosaxona. Estas magníficas adaptacións inician ó lector no universo shakesperiano sen restarlles o ímpetu e o furor das obras dramáticas orixinais.

Gracias a unha excelente traducción podemos achegarnos a dúas comedias (El sueño de una noche de verano e Mucho ruido y pocas nueces) e a catro traxedias (Otelo, Hamlet, El rey Lear e Macbeth), quizáis o máis representativo da obra deste autor. As magníficas ilustracións grabadas de Joëlle Jolivet, redondean unha xoia da literatura xuvenil clásica.

© 2006–2008 Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra