Mércores 8 de novembro de 2006 • 2 comentarios
“Xa non escribimos cartas… Mágoa. As cartas son misteriosas, traen novas, contan segredos… Cartas que veñen e van, un proxecto que integra a aprendizaxe e o ensino de todas as linguaxes cos contidos da educación infantil e do primeiro ciclo da primaria: animais domésticos e salvaxes, as cores, os contrarios, as partes do corpo, psicomotricidade, ritmos, sons…”
Cartas que veñen e van xunta unha serie de cartas que propoñen magníficas actividades para desenrrolar nas aulas e nos traballos colectivos, sen esquecer nunca a ilusión de recibir unha carta inesperada. Así, o poliño Pepe (no galiñeiro da casa grande, Estrada do Campo da Feria, en Rábade), a vaca Sofía que tanto ama a música (nas cortes de estabulación libre, na Serra de Outes), e moitos máis, reciben unha simpática misiva cunha canción exclusiva para cada un deles, e varias propostas de xogos e actividades que nos ensinan a aprender dun xeito divertido.
Unha posta en escena de excelente calidade que Susa Herrera agradece no propio texto a Asociación Pedagóxico- Musical Soutullo (xérmolo do mesmo), e a Mamá Cabra polo seu entusiasmo e colaboración…
Mércores 8 de novembro de 2006 • Comenta este libro
Un amigo invita a Dino a durmir o venres na súa casa. Dino está entusiasmado e impaciente. Verán unha película de medo (El festín de los Miedosaurios), comerán palomitas de fento, beberán batido de piñóns… ¡un plan perfecto! Soamente hai un pequeno problema: Dino fai pis na cama… ¿Poderá arranxar este problemiña antes do venres?
Este é un escollo moi gordo que a señora Triceratops arranxa nun intre: “Non vos preocupedes… Moitos cachorros fan pis na cama, ¡pronto conseguiremos superalo!” Ás veces a vergonza e os nervios son os peores compañeiros para levar á cama nestes casos de “escapes nocturnos”. Unha tenra e tranquilizadora historia para os pequenos que han de enfrentarse a durmir en casa dun amigo por primeira vez.
Mércores 8 de novembro de 2006 • Comenta este libro
Este delicioso álbum ilustrado ven adicado “a todos los que buscan arte”, e saben aprecialo… Artemiro e o seu amigo están de vacacións en Nova York coas súas familias; esta frenética aventura comeza cunha cita de Arte (chamámoslle así para abreviar) e o seu mellor amigo na esquina da rúa 5 coa 53 da cidade dos rañaceos. Arte non aparece e o seu amigo pregunta a unha muller que pasa despistada (¿ou quizais estaba un pouco xorda?): “¿Viu vostede a Arte…?” Estando tan preto do museo de arte moderno de Nueva York (MOMA), a boa señora indícalle un bonito edificio onde sen dúbida atopará o seu amigo. Evidentemente referíase á sede do famoso museo neoyorkino e é así como comenzamos un frenético paseo polas salas do MOMA en busca de Arte…
Dende Van Gogh a Calder, de Andy Warhol a Lichtenstein, de Matisse a Miró pasando por Dalí, Picasso, Duchamp, Klee e un longo listado dos mellores artistas do século XX.
Nas páxinas finais do libro ¡por fin atopamos a Arte!, pero xa fixemos un riguroso recorrido por un dos máis famosos museos do mundo no que se refire á arte moderna.
Mércores 8 de novembro de 2006 • Comenta este libro
Nun panorama de literatura xuvenil plagado de obras de fantasía, resulta certamente agradable atopar de cando en cando algún relato de corte máis realista. Trátase pois dunha obra diferente, casi dun triller cinematográfico que, nalgún momento, recorda os famosos expedientes X.
Benvidos a Puerto Fake, unha pequena e olvidada vila de Chile onde mozos se suicidaron nos últimos dous meses, sen que ninguén saiba nada e nin sequera fale delo. O prefecto da policia envía a tanatóloga Sophie para investigar o caso, xunto cun avezado detective e un tal Cal, un paparazzi sen escrúpulos, autor do que parecía imposible: unha foto do primeiro suicida.
Os primeiros frutos da investigación colócannos ante unha colonia de alemáns do réxime nazi da segunda guerra mundial, fuxidos para non ser xulgados pola barbarie cometida; unha comunidade endogámica, secreta, e atemorizada ata extremos inenarrables, dispostos a sacrificar os seus propios descendentes.
© 2006–2008 Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra