Libros recomendados • Arquivo

Outubro 2006

El portal del Cuervo

Luns 9 de outubro de 2006 • 4 comentarios

  • A partir dos 12 anos
  • Idioma: Español
  • Editorial: Salamandra (2006)
  • Texto: Anthony Horowitz
  • 12,50 €

El portal del Cuervo é a primeira entrega dunha saga de cinco libros, Los cinco guardianes; unha serie de fantásticas aventuras ambientada hoxe en día e protagonizada por cinco mozos con poderes extraordinarios. Neste primeiro libro Matt Freeman, un adolescente orfo e confuso, ten problemas coa policía e é enviado a unha granxa de acollida no rural de Yorkshire; unha vez alí, descubrirá que posúe uns alucinantes poderes que van moito máis alá da súa imaxinación, tras unha peripecia que comeza no Museo de Historia Natural e remata nunha central nuclear abandonada, loitará por salvar a súa vida e evitar un caos mundial que culminaría coa súa destrución.

Narración dotada dun ritmo que atrapa o lector, a través do suspense e das sucesivas sorpresas que vai descubrindo nas páxinas.

El taller de Gaudí

Luns 9 de outubro de 2006 • Comenta este libro

  • A partir dos 8 anos
  • Idioma: Español
  • Editorial: Cromosoma (2006)
  • Autor/a: Roser Capdevila
  • 25,00 €

Colección “La gran biblioteca de las tres mellizas”, con DVD.

Gaudí nunca puidera imaxinar que as Xemelgas aparecerían na súa vida. Pero a bruxa Aburrida quiso que o coñecesen e mandounas á Barcelona de principios do século XX. Alí, as nenas comparten co arquitecto un dos momentos máis importantes da súa vida: A construcción da Pedrera. Se che apetece saber as aventuras que viven con él, mergúllate nas páxinas deste conto… Se queres saber máis cousas sobre a vida e as obras dun dos mellores arquitectos de todos os tempos, visita El rincón de los sabios, a segunda parte deste libro e descubrirás moitos secretos deste xenial artista.

Las estaciones

Luns 9 de outubro de 2006 • Comenta este libro

  • A partir dos 6 anos
  • Idioma: Español
  • Editorial: Editorial Everest (2006)
  • Texto: Martine Beck
  • Ilustracións: Agathe Hennig
  • Tradución: Elena del Amo
  • 11,95 €

Unha proposta moi gráfica para descubrir con Alex e Marie como cambia a paisaxe ao ritmo das catro estacións. A través dos meses chove ou neva, o sol resplandece ou se oculta tras das nubes. As plantas florecen ou murchan, os animais dormen ou paren as súas crías. Os nenos soñan con algunhas festas tradicionais en certas datas&hellio;

Grazas a grandes imaxes os lectores poderán repasar facilmente as alegrías e peculiaridades de cada mes do ano. Todo cambia na paisaxe: o tempo, o xardín e a horta, os animais, a roupa, as festas e xogos…

A gatiña Rosalinda

Luns 9 de outubro de 2006 • Comenta este libro

  • Para prelectores
  • Idioma: Galego
  • Editorial: Factoría K de libros (2006)
  • Texto: Piotr Wilkoń
  • Ilustracións: Jósef Wilkoń
  • Tradución: Urs Taeger, Fe González
  • 12,00 €

Álbum ilustrado sobre a diversidade, a busca da identidade propia e a defensa da tolerancia, recreado na historia dunha familia de gatos moi, moi distinguida: Don Casimiro e Dona Carolina proveñen dunha longa e recoñecida estirpe famosa pola súa fermosa pelaxe negra coma o carbón; despois dunha longa espera van ter unha filla que esperan con ansiedade, mais con Rosalinda chega unha grande sorpresa: en lugar da tradicional pelaxe negra na súa familia, Rosalinda loce unha chamativa cor arrubiada…, pero non é a única peculiaridade desta gatiña singular. Rosalinda gusta de relacionarse con cans e ratos, por exemplo.

Dispoñible versión en castelán.

© 2006–2008 Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra