Libros recomendados • Arquivo

Xullo 2006

O monstro de Ricardo

Luns 3 de xullo de 2006 • Comenta este libro

  • Para prelectores
  • Idioma: Galego
  • Editorial: Kalandraka (2006)
  • Texto: Julia San Miguel Martos
  • Ilustracións: Rocío Martínez
  • 12,00 €

Ricardo xoga baixiño co seu monstro para non espertar ós seus pais nin á súa irmá que dorme no cuarto do lado. De súpeto, ábrese a porta, acéndese a luz e ambos os dous quedan tesos de medo: "unha pluma, dous ollos saltóns, tres chupetes, catro chichos, cinco dedos… AAAAHHHH! É a irmá de Ricardo". Unha xoia de relato que nos fala do maior monstro de mundo, segundo Shakespeare.

Pablo y los malos

Luns 3 de xullo de 2006 • Comenta este libro

  • A partir dos 6 anos
  • Idioma: Español
  • Editorial: Destino (2006)
  • Texto: Lorenzo Silva
  • Ilustracións: Violeta Monreal
  • 12,95 €

A Pablo encántalle que lle lean contos pola noite e xogar despois a ser o malo malísimo desas historias. A súa irmá Laura non entende por que sempre elixe ser o que peor se porta de todos... A través dos pesadelos que se desatan na mente de Pablo, o cativo vai aprender que algúns malos non o son de todo, "e que nunca se pode saber na primeira impresión como é a xente, senón que hai que mirar con máis calma para poder coñecela..."

Kafka y la muñeca viajera

Luns 3 de xullo de 2006 • 3 comentarios

  • A partir dos 8 anos
  • Idioma: Español
  • Editorial: Siruela (colección Las Tres Edades) (2006)
  • Texto: Jordi Sierra i Fabra
  • Ilustracións: Pep Montserrat
  • 16,50 €

Un ano antes da súa morte, Frank Kafka, recoñecido autor de A Metamorfose entre outras obras mestras, vivíu unha experiencia insólita: paseando por un parque de Berlín atopou a unha nena chorando desconsoladamente porque perdera á súa boneca. Para calmar á pequena, Kafka inventou unha peculiar historia na que a boneca, en vez de perderse marchara de viaxe, e el, convertido en carteiro de bonecas, tiña unha carta que lle levaría ó día seguinte ó parque. Aquela noite Frank escribíu a primeira das moitas cartas que, durante tres semanas, entregou á pequena puntualmente narrando as peripecias da extraordinaria boneca desde diferentes recantos do mundo.

Unha narración exquisita que debería, endebén, esixir unha lectura compartida cun adulto para poder comprender toda a maxia que ten a historia e que subliña a capacidade dalgúns adultos para se mergullar no fantástico mundo infantil: "...os poetas erguen castelos no aire, os tolos habítanos, e alguén, na vida real, cobra o alugueiro."

¿Tienen los animales que lavarse los dientes?

Luns 3 de xullo de 2006 • Comenta este libro

  • A partir dos 12 anos
  • Idioma: Español
  • Editorial: Edaf (2006)
  • Texto: Walli Müller
  • Ilustracións: Günter Mattei
  • Tradución e adaptación: Frank Schleper
  • 19,95 €

De moi recente edición, o presente libro resultou merecente do Premio Bolonia de Literatura Infantil 2006 na categoría Non Ficción.

¿Fúndenselles os plomos ós vagalumes? ¿Rin as galiñas? ¿É crente a mantis relixiosa? ¿Sabe inglés o pastor alemán? ¿Fuman os camelos? ¿É pacifista o peixe espada?... Todas estas preguntas, entre outras moitas, fixéronllas ó autor deste libro e director dun zoolóxico, nun breve programa de radio (“Cousas de bichos en radio Baviera 3”), que se emitíu pola mañana, entre el momento de lavar os dentes e tomar o primeiro café, durante un ano. Cunha maxistral habelencia para transmitir e facer sinxelo o complexo, os autores respostan de xeito divulgativo e divertido, pero con todo o rigor da ciencia, ás inquedantes preguntas dos amantes dos animais.

© 2006–2008 Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra